text
stringlengths
0
61.3k
label
stringclasses
9 values
Quedo coas promesas programáticas de Podemos que coas realidades ofrecidas por quen nos gobernan, ao menos aquelas posúen a ilusión da esperanza mentres estas teñen a vileza do estafador. Coa aparición de Podemos nada será igual. Aínda que non se saiba como vai discorrer o proxecto, converteuse xa nun fenómeno que, com...
Política
O TSXG vén declarando improcedentes ducias de despedimentos de persoal que seguiu contratado por "obra ou servizo" moito despois de rematada a pandemia e agora ademais declara nulos varios ceses producidos tras denunciar os afectados a súa situación O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén ratificando nos ...
Acontece
A pasada semana o socialista José Tomé, alcalde de Monforte, foi investido presidente da Deputación de Lugo cos votos a prol do PSdeG e BNG. Coa constitución da entidade provincial lucense, adiada polos contenciosos electorais en Burela e Monterroso, quedaban despexadas as eleccións das persoas que terán na man durante...
Política
Foi un problema que chegou e non se detivo desde que en 2012 se avistasen os primeiros exemplares da avespa velutina. A proliferación desta especie en Galicia provoca a redución da biodiversidade -nomeadamente pola afectación nas abellas-, causa serios prexuízos económicos no sector apícola e froiteiro e crea riscos de...
Economía
A agresión imperialista define a historia do pobo turco, dende o seu berce na Asia Menor dos séculos XII e XIII. Agresión que se manifestou na conquista dos Balcáns no século XIV e de Constantinopla no 1453, onde ducias de milleiros de civís foron mortos e escravizados. No século XVII Grecia foi conquistada tamén. Dend...
Mundo
Son “un selo de rock modular” de mozos tirando a novos que levan quilómetros de notas no corpo. Hai magníficos instrumentistas, altas doses de sensibilidade, humor, insólitos letristas para tempos delirantes, poetas e ousados músicos. Teñen en común a fraternidade, o interese polos respectivos proxectos e a convicción ...
Cultura
Abril será un mes de peches nos centros de ensino e outras accións de protesta ante o proxecto de reforma educativa e os recortes no financiamento. O primeiro dos peches, como xa a anunciara a pasada semana a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, terá lugar este martes no IES Rosalía de Castro de Santiago de ...
Movementos sociais
Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus parece que estamos a restablecer a que se da por chamar ‘nova normalidade’. Para comezar, se é ‘nova’ xa non se trata de ‘restablecer’, e polo momento ao menos, non será tampouco ‘normalidade’. Quizais máis adiante. Por outra banda, algo complexo, pois para comezar...
Acontece
O pasado abril a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, encargáballe un informe ao xefe de seguridade da Cámara. Facíao poucos días despois de que un grupo de persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas protestasen dende a tribuna de convidados do hemiciclo e increpasen, xa nos corredores do Pa...
Política
Colectivos ecoloxistas e políticos aventuran que a sentenza contra o parque de Corme virá seguida doutras similares por reducir o Goberno galego os prazos de exposición pública dos proxectos “Desfeita”, “depredación”, “pau”, “vulneración de dereito”. A sentenza feita pública este venres polo Tribunal Superior de Xusti...
Política
Tras inaugurarse en 2013 a autovía ata Celanova, pola que a Xunta está a pagar de máis, quedou pendente a mellora da OU-540 ata a fronteira, pero nela xa non se farán as circunvalacións de Bande e Verea senón só unha mellora da calzada actual Tras o afundimento do Prestige non só o Estado senón tamén a Xunta anunciou ...
Política
CIG-Saúde convoca este xoves ás 11 horas no edificio do Sergas, en Compostela, unha concentración de persoal desempregado do Servizo Galego de Saúde. A concentración desenvolverase, de forma simbólica, como unha “cola do INEM”. A central quere denunciar deste xeito a situación de desemprego e inactividade total ou case...
Acontece
Os atascos provocados por Autopistas del Atlántico nalgúns dos seus postos de peaxe adoitan ir acompañados dunha imaxe recorrente: persoal da compañía bota man do chaleque reflectante para exercer de algo semellante a un garda de tráfico e tentar pór orde no caos, ordenando do xeito menos malo posible as interminables ...
Política
Son momentos clave para o futuro do emprego na factoría de Alcoa da Coruña, da que a multinacional americana se quere desfacer dúas décadas despois de quedar con ela na privatización organizada polo Goberno de José María Aznar. O Ministerio de Industria expón este martes aos gobernos galego e asturiano as ofertas dos i...
Política
Dende o pasado 21 de outubro está en vigor a lei de memoria democrática tras recibir a luz verde definitiva tanto do Congreso como do Senado. Entre as disposicións da nova norma está a institución do 31 de outubro como "día de recordo e homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a guerra e a ditadura" por cadrar nes...
Acontece
No Nadal de 2017, o Centro Gallego de Bos Aires (CGBA) celebraba unha asemblea de socios que activaba as negociacións para a venda da súa histórica sede e da xestión sanitaria. Logo de sete anos intervida polo Estado arxentino e cunha xigante débeda, a máis importante institución da emigración galega asomábase ao preci...
Acontece
* Fragmentos da intervençom no ato Pola Frente Ampla. Que Europa queremos?, organizado por ANOVA-Compostela o passado 6 de novembro de 2013. Nada voltará a ser como antes da crise. A bolha imobiliária e a especulaçom financeira foram quem de criar umha fiçom amável, umha difusa utopia neoliberal que se situava na tese...
Política
O exercicio memorialista esixe unha análise profunda das consecuencias éticas e políticas da xestión da nosa historia, unha xestión que deliberadamente optou por borrar os datos Non é primeira vez, nin será a última, que visite a illa de San Simón. A miña reiterada presenza nese lugar, no seu formato actual de Resort ...
Acontece
O informe policial atribúe a orixe do lume aos empalmes irregulares realizados no cadro eléctrico do edificio O Xulgado de Instrución número 1 de Vigo acordou, nun auto asinado o mércores e feito público este venres, o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta sobre o incendio dun edificio da cidade sucedido ...
Acontece
Acatamento con peaxe. O presidente da Xunta acudiu este mércores á primeira sesión de control parlamentario da lexislatura cunha inédita proposta no cartafol. Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditase, en maís de media decena de sentenzas, a ilegalidade de artigos nucleares do denominado de...
Movementos sociais
Na pasada semana, unha mobilización en defensa da sanidade pública e contra os recortes desenvolveuse no Rosal, que leva meses denunciando a escaseza de médicos e as precarias condicións da Atención Primaria, cunha soa doutora para atender máis de 6.000 habitantes. Días antes, a falta dunha ambulancia obrigara a profe...
Política
“Non imos perder moito tempo nun problema orgánico dun partido”, dicía o xa ex-presidente o 17 de febreiro, cando se puxo do lado de Ayuso fronte a Casado e iniciou a súa marcha da Xunta “Non imos perder moito tempo nun problema orgánico dun partido”. Estas verbas empregaba o 17 de febreiro pasado Alberto Núñez Feijóo...
Política
A Agal, organizadora dos aPorto, e Praza.gal oferecem um aPorto para Docentes Nível A2 que decorre de 29 de julho a 2 de agosto, totalmente gratuito, que será sorteado entre as pessoas com mais acertos no seguinte quizz. As vossas respostas podem ser enviadas para cursos@a.gal Chega a décima edição dos aPorto. São cur...
Cultura
Hai unhas semanas pechou as súas portas no Hospital de Ourense a Unidade Multidisciplinar post-COVID. Este xoves persoas que sofren os efectos da doenza concentráronse ás portas do centro hospitalario para protestar contra a decisión adoptada polo Sergas. Hai unhas semanas pechou as súas portas no Hospital de Ourense ...
Acontece
Entre 2010 e 2016 desapareceron case 900 camas operativas, ao redor do 10% O número de camas hospitalarias en funcionamento no Sergas segue reducíndose. En 2016 (último dato publicado, difundido o pasado venres polo IGE) a cifra caeu ata as 9.045. É o mínimo na serie histórica, que comeza no ano 1999, hai dúas décadas...
Acontece
Moito antes do "erro inxustificable" admitido por Feijóo por aprobar unha reforma legal que beneficia a algúns condenados, o seu PPdeG xa recoñecera todo tipo de erros na tramitación de leis no Parlamento de Galicia "O que é evidente é que cometemos un erro e os erros necesitan unha rectificación". Así valora o presid...
Política
Un tren Alvia que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilou a tres quilómetros de Santiago, nun accidente no que faleceron 80 persoas e tras o que quedaron feridas unhas 170. O sinistro, a peor traxedia ferroviaria do Estado nos últimos 40 anos, tivo lugar ás 20.42 horas. Durante horas os bombeiros e a policía ax...
Política
Dióxenes de Sinope, ese gran filósofo que vivía nun barril e que chamamos pai do relativismo cultural e por conseguinte da dobre moralidade, estaría a ben seguro moi contento co que hoxe en día é o mundo da política, e especialmente da política internacional. Esa dobre moral da que falamos ten os seus exemplos máis sa...
Mundo
Ao redor de 1.500 persoas participaron este mércores na manifestación convocada polo comité de folga dos axentes ambientais e forestais (CIG e UGT) para reclamar a dignificación laboral deste colectivo mediante un acordo que regule as súas condicións de traballo. A marcha quería denunciar así mesmo a política forestal ...
Acontece
O Mural formalizou este mércores a súa solicitude para que os oito frescos de Lugrís deste local da rúa Olmos sexan declarados BIC. Agora a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ten seis meses para decidir sobre esta petición No baixo do número 25 da rúa Olmos da Coruña Urbano Lugrís pintou no ano 1951 oito dos seus ...
Cultura
A política galega volve cruzar o Atlántico, desta volta da man do aspirante do PSdeG á presidencia da Xunta. Gonzalo Caballero disponse a viaxar á Arxentina nunha visita preelectoral con citas xa habituais neste tipo de viaxes, pero dúas delas de especial significado político: será recibido polo novo presidente do país...
Movementos sociais
Un condutor que ía como pasaxeiro no Alvia lembra que a formación sobre a liña, na que cada maquinista decidía o seu propio punto de referencia para frear, a recibiron cun tren distinto máis lento e que requiría menos tempo para frear Tras a declaración este mércores do interventor que fixo a chamada que despistou o m...
Política
Os sistemas sanitarios organizados en dous niveis asistenciais son os máis eficientes e os que máis aportan á saúde da poboación. Un sistema sanitario “forte” precisa unha AP “forte” (Barbara Starfield). A AP debe ser o elemento central que asuma a coordenación dos procesos asistenciais e, para iso, ten que contar con ...
Movementos sociais
O blog de Praza dedicado aos Territorios Ocupados, Diario de Palestina, fala esta semana dun xogo, que comeza a ser moi popular en Israel, no que homes e mulleres de todas as idades, mesmo nenos 'practican' como matar 'terroristas'. Os atractivos turísticos de Palestina crecen co verán e este ano, en Cisxordania, amai...
Mundo
Tomás Fajardo continuará, cando menos de momento, á fronte da Federación Galega de Confrarías. E iso a pesar de que este sábado o actual presidente non superou a moción de confianza que el mesmo presentara e de que unha ampla maioría dos representantes das confrarías, case dous terzos, votaron na súa contra. En concret...
Movementos sociais
O Medio Rural foi unha das fontes de conflito político máis acendidas durante a presente lexislatura galega. A fusionada consellería de Medio Rural e Mar tivo que afrontar diversos momentos de tensión, moi especialmente durante as protestas gandeiras tras a fin da cota láctea, que os gandeiros aínda continúan ao sentír...
Política
Malia constatar as ilegalidades do 'boom' construtivo de hai dúas décadas, a xustiza absolveu en 2019 o goberno do PP e agora exculpa tamén a secretaria municipal, pero ratifica a condena dunha empregada municipal por manipular un rexistro puntual En Barreiros, concello con pouco máis de 3.000 habitantes, nun só día d...
Política
É unha das "lendas negras" que pesa sobre a formación e o seu líder, Juan López de Uralde, apostou por subliñar a súa "falsidade". No marco da súa participación en Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Equo presentouse este luns en Galicia a través de Uralde que, acompañando a algúns dos seus representantes nas candidat...
Política
O BNG propón "unha fronte común" co obxectivo de "frear a ofensiva antidemocrática" que o PP prepara, segundo a formación nacionalista, a través do anunciado recorte do Parlamento galego e da reforma electoral para ilegalizar as coalicións postelectorais. Por iso, o Bloque vén de enviar unha carta a todas as forzas pol...
Política
O grupo de cidades de Galicia e o Norte de Portugal celebra en xuño en Braga un congreso sobre desenvolvemento urbano que será clausurado polo primeiro ministro portugués, Antonio Costa, e no que se entregará un recoñecemento a Jacques Delors “Comezamos desde hoxe a traballar para que Galicia e o Norte de Portugal sex...
Política
En Galicia o parque de vivenda pública dependente da Xunta rolda as catro mil vivendas. Son, concretamente, 3.819 pisos arrendados con criterios sociais. Tras década e media de práctica parálise, o Goberno galego vén reiterando que o seu obxectivo é "duplicar" este parque público nunha lexislatura ata roldar as 8.000 v...
Acontece
En maio de 2013 foi derrubado no Porto de Santa Cruz, en Oleiros, o Hotel Maxi, inaugurado en 1965 por Manuel Fraga como hotel e restaurante, trala reconversión do edificio, que en orixe fora unha fábrica de conservas. O derrubo deixaba un predio baleiro a carón do mar, abrindo unha visión directa do Castelo de Santa C...
Movementos sociais
O pasado xoves 22 de novembro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu sentenza a respecto dos recursos presentados pola Mesa pola Normalización Lingüística, o sindicato CIG e a plataforma Queremos Galego. A mensaxe foi clara: fica anulado o cerne mesmo da política lingüística emprendida polo PP, primeir...
Movementos sociais
Hai dous grandes concellos do país cuxos gobernos hai moitos meses que apenas falan de política. Santiago e Ourense, Ourense e Santiago, transitan dende hai case dous anos por senllos camiños empedrados nos que o ritmo da marcha non o marca o proxecto de cidade, os debates cotiáns ou os plans de futuro, senón os xulgad...
Política
O primeiro trimestre do ano adoita ser negativo para a evolución do emprego. Dende hai décadas, a tendencia é que no segundo e terceiro trimestre aumente o número de traballadores e traballadoras, nunha tendencia na que inflúe de forma determinante o peso da campaña de verán do turismo e da hostalaría, e que no cuarto ...
Economía
A compañía galega Pescanova vén de solicitar o preconcurso de acredores no decanato de Pontevedra, que terá que derivalo a un dos xulgados galegos. A decisión chega despois de que, tal e como adiantou Faro de Vigo, a compañía anunciase a súa decisión de non formular as contas anuais de peche de 2012 até non coñecer dúa...
Economía
No Museo do Gaiás haberá espazo para máis de 70 proxectos e 300 makers, máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais Do 1 ao 4 de xuño a Cidade da Cultura acolle a novena edición da Maker Faire Galicia, unha das citas de referencia para a comunidade maker galega nos últimos anos. No Museo...
Ciencia e tecnoloxía
O pasado 27 de decembro, cando a terceira vaga da pandemia (a que resultou ser máis mortífera) só se albiscaba no horizonte, Galicia iniciaba o seu proceso de vacinación contra a COVID: en Compostela Nieves Cabo recibía a primeira dose. Este martes, xusto cando fan catro meses dese momento, coñecemos que se vén de supe...
Política
O vindeiro 17 de maio Antonio Fraguas será o protagonista do Día das Letras Galegas. Ese venres a Real Academia Galega celebrará o seu tradicional pleno extraordinario en Cotobade, escollendo ademais un espazo moi importante para o homenaxeado: a carballeira de Famelga, na parroquia de Augasantas, ao pé da escola á que...
Movementos sociais
PP e PSOE non prevén suprimir o chamado voto rogado para os españois residentes no exterior ata logo das próximas eleccións en Galicia, co fin de comprobar se a participación deste colectivo segue sendo tan escasa como nos comicios celebrados nos últimos meses. O director do Partido Popular no Exterior, Alfredo Prada,...
Política
Que o tecido social de protesta en Exipto está vivo levamos comprobándoo case dous anos. Esta semana é unha boa proba diso. Decenas de miles de persoas tomaron as rúas en cidades como O Cairo, Alexandría, Suez, Port Said ou Aswan, para mostrar o seu rexeitamento ao presidente Mohamed Morsi, que tan só leva cinco meses ...
Mundo
Para quen vivimos -hai agora 22 anos- a catástrofe do Prestige resulta mais doado entender todo o acontecido arredor da traxedia destes últimos días nalgunhas comarcas do Pais Valenciá e noutros territorios limítrofes Para quen vivimos -hai agora 22 anos- a catástrofe do Prestige resulta mais doado entender todo o aco...
Política
A nova sentenza deixa claro que as estatuas nunca puideron saír legalmente do patrimonio público A Audiencia Provincial de Madrid desestimou o recurso presentado polo Concello de Santiago contra a sentencia ditada o pasado mes de febreiro por un xulgado de primeira instancia en relación coas esculturas do Mestre Mateo...
Política
Carme Adán: "A Filosofía dálle ao alumnado ferramentas para moverse nun mundo cambiante" Este venres comeza a campaña #FilosofíaSi, que reclama que a materia volva ser troncal para todo o alumnado de Bacharelato. Dende o venres e ata o mércores 27 a campaña Comeza o curso Chiando pola Filosofía busca implicar os centr...
Cultura
Os galardóns entregaranse nunha gala o vindeiro 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra Os V Premios Martín Códax da Música deron a coñecer este mércores os seus 54 finalistas, froito das votacións realizadas nas últimas semanas polas socias e socios de Músicos ao Vivo. Agora un xurado, integrado por profesionais d...
Cultura
A nova liña de ferrocarril A Coruña-Porto, coa que a compañía ferroviaria alemá Deutsche Bahn, a través da súa filial española Arriva, pretende romper o monopolio ferroviario de Renfe, "nace con vocación de estenderse ata Lisboa co fin de potenciar o carácter internacional do servizo", segundo informou a compañía á Com...
Economía
Se tes que moverte por Vigo, pénsao dúas veces antes de usar o coche. A finais de setembro, no remate da Semana Europea da Mobilidade, Equo organizou en Vigo unha Carreira de Medios de Transporte, para saber, nun percorrido polo centro da cidade, nun día laborable, cal era o vehículo máis rápido, o máis respectuoso co ...
Movementos sociais
“A este Goberno gústalle moito máis recorrer de inconstitucionalidade as normas da Xunta que traspasar competencias”, di o aínda presidente, que obvia os seis anos e medio nos que coincidiu cun executivo central do PP O deste xoves 28 de abril de 2022 foi o derradeiro Consello da Xunta ordinario do presidente Feijóo t...
Política
O pasado martes, Compostela acolleu a presentación de Nós, As Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia. A entidade nace co obxectivo do “desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade” no importante movemento co...
Economía
A empresa continúa a tramitación ambiental dos seus parques mariños tras engadir páxinas aos documentos xa presentados para xustificar que non terán efectos acumulativos e que os sinérxicos son “compatibles” O pasado xuño o Ministerio para a Transición Ecolóxica someteu a exposición pública dous documentos similares c...
Política
O presidente inaugura un congreso sobre estradas gabándose de abrir 220 quilómetros de vías de altas prestacións “sen unha soa peaxe” malia que o pagamento adiado custará 760 euros a cada galego nos próximos anos “As estradas forman parte fundamental do estado de benestar”. Así inaugurou este martes en Santiago o pres...
Política
Nunca antes en Galicia arderan máis de 11.000 hectáreas nun único incendio forestal. Ou, cando menos, nunca antes ata o verán deste 2022 se documentara algo semellante. O pasado 28 de xullo a Consellería do Medio Rural daba por extinguido o gran incendio resultado da unión de ata cinco focos en dous concellos do Courel...
Acontece
O número de novos positivos diarios da COVID-19 en Galicia é un indicador que sempre cómpre abordar con cautela. A Xunta non informa del directamente, polo que cómpre calculalo a partir do número de "positivos activos" aos que a Consellería de Sanidade se refire nos seus partes xerais ou na información divulgada localm...
Política
"O informado pola Consellería de Economía non acredita o correcto exercicio das potestades que ten atribuídas para garantir que a minaría se desenvolva de forma sustentable e con respecto ao medio ambiente". Con esta rotundidade maniféstase o Defensor do Pobo sobre a falta de control da Xunta sobre a actividade e os ef...
Acontece
O último discurso de Nadal do Rei Don Filipe VI levou incorporado unhas verbas moi pouco banais mentres facía referencia á característica do estado Español: “... un Estado que reconoce nuestra diversidad en el autogobierno de nuestras nacionalidades y regiones;...”. O monarca español non é sospeitoso de seres un galegu...
Política
O comezo do ano 1882 tróuxolle unha excepcional nova a Vítor López Seoane: nos primeiros días dese ano recibiu unha carta de Charles Darwin, redactada o 27 de decembro O comezo do ano 1882 tróuxolle unha excepcional nova a Vítor López Seoane: nos primeiros días dese ano recibiu unha carta de Charles Darwin, redactada ...
Ciencia e tecnoloxía
Cando xa se cumpren máis de nove meses desde o comezo da folga indefinida na xustiza galega, o 7 de febreiro de 2018, e que se alongou tres longos meses, e cun remate ben coñecido xa por tod@s, e presidido case dende o minuto un pola traizón de parte dos sindicatos convocantes que eran os que, curiosamente, máis abande...
Movementos sociais
Cando un partido político se atopa nunha situación análoga á do PSOE resulta decisivo discutir e acordar –no seu interior- un diagnóstico solvente sobre as causas explicativas do que sucede. Sen esa análise, diminúen as posibilidades de atopar unha folla de ruta que supoña un punto de inflexión ao devalo crítico pola q...
Política
O tribunal de garantías atende o recurso do Goberno de España e anula os artigos da lei de acompañamento dos primeiros orzamentos de Rueda nos que se limitaba a actuar contra obras ilegais no litoral rematadas nun máximo da anterior década e media O pasado abril o Goberno galego do PP logrou unha relevante vitoria pol...
Política
Empecemos por deixar algunhas cousas claras. A manifestación prohibida en Bilbao celebrouse en anos anteriores sen que ninguén cuestionase con éxito o seu dereito, nin sequera cando os presos etarras rexeitaban a legalidade da política penal española. Houbo achegamentos de presos cando ETA mataba, efectuounos o goberno...
Política
No segundo aniversario do movemento 15-M, o Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) publica un decálogo co obxectivo de "celebrar o que significou no seu carácter reivindicativo, simbólico e alternativo", e animar a cidadanía a participar na mobilización global que terá lugar o vindeiro 1 de xuño contra a troika. Tamén ...
Movementos sociais
78 anos despois do alzamento militar que acabou coa Segunda República, hai milleiros de vítimas que seguen esquecidas, moitos lugares en Galicia que foron escenario da represión franquista e nos que aínda hai homenaxes pendentes. Vilaboa, Chantada e a vila portuguesa de Tourem, próxima á Calvos de Randín son tres deses...
Acontece
Guadi Galego está de regreso. Vén de publicar Lúas de outubro e agosto, o seu segundo álbum en solitario tras Benzón (2009) e despois de ter participados en proxectos colectivos tan celebrados como Nordestinas, Espido e aCadaCanto. Lúas de outubro e agosto (Fol Música) ponse á venda este martes 25, pero xa dende hai un...
Cultura
"Traballos de xardinaría e mantemento das zonas verdes do complexo medioambiental de Cerceda, así como das antigas oficinas de Sogama". Son os traballos nos que a Sociedade Galega do Medio Ambiente prevé gastar ata 9.000 euros ao mes durante os vindeiros dous anos, prorrogables ata dous máis. En plena crise económica e...
Política
O anuncio da candidatura de Valentín González Formoso para tratar de repetir un novo mandato na alcaldía do concello das Pontes e o recente nomeamento de Xosé Ramón Gómez Besteiro como delegado do goberno central na Galiza abren novas expectativas a respecto do futuro liderado do Partido Socialista no horizonte dos com...
Política
O Foro di defender os valores da democracia liberal, mais esquece sistematicamente convidar persoeiros non aliñados co PP ou co PSOE (e destes sempre se convida ás persoas máis próximas ás teses inmobilistas de Felipe González, Alfonso Guerra et alter ) Dende que existe o Foro da Toxa (2019) constitúe marca da casa, a...
Política
"Candidaturas de amplo espectro". O vindeiro día 29 o Consello Nacional do BNG as propostas para a conformación dos "primeiros treitos" das listas electorais municipais nas sete principais cidades do país e tamén nos concellos actualmente gobernados polo Bloque. Serán nomes chamados a representar nos comicios de maio á...
Política
Científico da Misión Biolóxica de Galicia e presidente da Asemblea de Municipios da que sae o anteproxecto de Estatuto de Autonomía. Alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado en Cortes. Comisario do Exército no goberno de Negrín. Colaborador da ONU en misións diplomáticas e candidato -el mesmo rexeitou...
Cultura
Axenda de actividades no #DíadoPatrimonio Este xoves 16 celébrase o Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO. As entidades que conforman a Rede do Patrimonio Cultural organizan 39 actividades simultáneas para contribuír á visibilización destes bens e das entidades que os promoven, protexen e poñen en valor. Co...
Cultura
Alén de reciclar ou reproducir diversas estratexias políticas e mesmo estéticas aplicadas en Galicia tanto dende a oposición ao Goberno de PSdeG e BNG como dende a Xunta, o ex-presidente Alberto Núñez Feijóo e o seu equipo de asesores veñen de pechar tamén a súa proposta programática para as eleccións xerais do 23 de x...
Política
A arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola, a investigadora en medicina María José Alonso, o sacerdote galeguista Xesús Mato, o empresario textil Jesús Domínguez e os carteiros rurais de Galicia recibiron este venres en Bonaval, no Panteón de Galegos Ilustres, as Medallas Castelao deste ano, coincidindo coa data do 28 de xu...
Política
Dúas décadas despois de rematarse o resto da A-52, Rajoy reactiva o último treito entre O Porriño e Vigo O 26 de outubro de 2015, cando aínda era ministra de Fomento a pontevedresa Ana Pastor, o secretario de Estado de Infraestructuras, Julio Gómez-Pomar, asistiu en Mos ao inicio dos traballos de mellora da seguridade...
Política
'Amigos hasta la muerte' transcorre entre os límites da comedia e do drama nunha historia que pon a amizade no centro. Dirixida e escrita por Javier Veiga, nela se estrea como produtor xunto a Marta Hazas, tamén protagonista do filme, que se estrea o 22 de setembro “É unha película que fala da amizade levada a tal ext...
Cultura
Ata 1999 estaba en 0,8 e agora o ministro, Fernando Grande-Marlaska, cre que "a sociedade está madura" para esta nova redución Ata 1999 en España era posible conducir con ata 0,8 gramos de alcol por litro de sangue, ou 0,4 miligramos por litro en aire. Aquel ano, para adecuarse á situación no resto de Europa, aquelas ...
Acontece
As comarcas da Ulloa, Arzúa, Terra de Melide e Deza conforman unha "área rural cun tecido económico diversificado e un significativo dinamismo" A factoría de Altri prevé instalarse nun extenso predio situado no concello de Palas de Rei, lindeiro cos termos municipais de Melide, Santiso, Agolada e Antas de Ulla. Porén,...
Política
Do 5A ao 12X. A secuencia foi este luns practicamente idéntica á doutro luns, o 10 de febreiro, cando o lehendakari reuniu o Goberno vasco en convocatoria extraordinaria coa fin de convocar eleccións anticipadas para o 5 de abril e escasas horas despois, Alberto Núñez Feijóo fixo o propio co Consello da Xunta para toma...
Acontece
O tren de altas prestacións galego entrará en servizo dúas décadas despois da colocación da súa primeira pedra. Durante as cinco fins de semana de agosto repasamos o que quedou polo camiño neste tempo máis alá do investimento. O 21 de xullo de 2001, hai agora 19 anos, os presidentes da Xunta e do Goberno central, Manu...
Acontece
Os soberanistas do Scottish National Party (SNP) gañaron as súas cuartas eleccións seguidas ao Parlamento nacional escocés (2007, 2011, 2016 e agora 2021) acadando 64 /129 escanos, un menos da maioría absoluta. A maioría independentista completouse cos 8 deputados dos verdes Scottish Green (gañan 2), fronte aos 57 depu...
Mundo
O pasado outono a empresa Renova Generación de Energías Renovables S.L presentou un proxecto de construción en Curtis dunha planta de produción eléctrica a partir de Biomasa. A iniciativa foi tramitada pola Xunta, a pesar de que os seus 50 Mw quintuplicaban a potencia máxima permitida pola lei para este tipo de instala...
Movementos sociais
Hoxe hai quen tenta converter todo en cartos. Sexa o que sexa, para aumentar o negocio coa súa comercialización. Non importa que literalmente, se lle quite a alma para converter o que sexa nun sinxelo apunte contable asociado a un valor. É un proceso que procura meter todo no sistema económico capitalista para que siga...
Economía
Abril Semana 1 Feijóo queda por nós Núñez Feijóo anunciaba, tropezando entre saloucos, que quedaba aquí, entre nós. Que volvería ser de novo candidato á presidencia da Xunta porque sufre un exceso de frenesí por este país. Autonomía. Faino por Galicia, pola súa avoa de Os Peares, por Fraga e por Fernández Albor. El ...
Lecer
Cando menos en dúas ocasións o PP comprometeuse en público a que o agardado centro de atención a persoas con discapacidade de Ourense (CAPD) fose "público e de xestión pública". Fíxoo en vésperas das eleccións galegas de 2016 nun documento asinado canda as demais forzas políticas e tamén a finais do pasado decembro no ...
Política
"Estou ilusionada e esperanzada, a ver se vai acabando todo isto", asegura Beatriz Hermo só unhas horas despois de recibir a primeira dose da vacina contra a COVID. Traballadora eventual na sanidade pública galega, as circunstancias quixeron este martes que se convertese nunha das primeiras enfermeiras do Sergas, senón...
Política
Un premio máis ao modelo urbano de Pontevedra, exemplo desde Galicia para todo o mundo. Desta vez, foi a Unión Europea quen concedeu ao municipio o Premio de Seguridade Viaria Urbana, convocado pola Comisión Europea en recoñecemento das boas prácticas de mobilidade sostible. A Comisión Europea recoñece o modelo pontev...
Acontece
Nesta semana, o vindeiro xoves, o fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, cobrará 628 millóns de euros pola última retribución do ano que pagará a empresa téxtil aos seus accionistas. Sumará así, neste ano, un total de 1.256 millóns en cocepto de dividendos da compañía galega. Na mesma semana, 65 tra...
Economía
Sandra María Piñeiro Vilas xa é a presidenta da Audiencia Provincial de Lugo e sitúa a loita contra a violencia de xénero, a consecución dunha xustiza igualitaria e ao servizo das persoas máis vulnerables e o compromiso coa lingua galega como principais liñas de actuación durante a súa presidencia. A maxistrada tomou p...
Acontece
A finais de setembro de 2012 restaba un mes para as eleccións autonómicas e o daquela candidato á reelección na Presidencia, Alberto Núñez Feijóo, compartía almorzo informativo con quen había menos de medio ano que chegara á Alcaldía de Santiago en substitución de Gerardo Conde Roa, condenado por fraude fiscal. Exercen...
Política
"A dura realidade é que, en cidades como Compostela, xa case ninguén vai ao cinema. E non faltan razóns para entendelo. As películas que apetecen, as que te tratan como un ser maduro (ou como un inmaturo pero, iso si, con sentido do humor) non se estrean. E o cinema, chamémoslle “comercial”, chega sempre en versión dob...
Cultura
Ramiro Ledo vén de presentar no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires VidaExtra, o seu novo filme tras Cineclube Carlos Varela e O proceso de Artaud. O contexto da folga xeral do 29 de setembro do 2010 serviulle para retratar o xeito no que a inseguridade laboral se converte en precariedade vital par...
Cultura
Cando este verán se xogue a Eurocopa de fútbol, Marcus Rashford vestirá a camisola da selección de Inglaterra mentres que Gareth Bale competirá coas cores de Gales. Os dous son cidadáns británicos, pero xogan con seleccións nacionais diferentes. En moitas competicións internacionais, un único Estado -o Reino Unido- co...
Cultura